Ao abeiro do Proxecto integrado deste curso "Emotichans", O Entroido 2014 encheu a nosa escola de moitas e variadas emocións: tristura, alegría, medo. sorpresa...Benvidos e benvidas o Entrodio das Emocións de Chans
MOTIVAR A ESTUDAR
Etiquetas:
consellos para educar
Neste blogue atoparedes alguns concellos sobre como axudar a motivar aos vosos fillos fillas cara o estudo.
Motivar a estudar
Motivar a estudar
CUERDAS
Etiquetas:
Dia da paz
O director desta curtametraxe Pedro Solís García, gañador do Goya á mellor curtametraxe de animación, soupo plasmar nesta produción os valores da amizade, a xenerosidade, a inocencia e a tenrura da infancia dun xeito maxistral. Non deixedes de vela.
APERTAS POLA PAZ
Nestes días os nenos e nenas de Chans puxemos especial atención en dar e recibir apertas : “apertas de oso, de meixela, apertas de grupo, apertas de corazón”... Sabiades que todos precisamos un mínimo de catro apertas ao día para sentirnos ben?
As apertas son o mellor xeito de expresar o que sentimos, axúdannos a escorrentar os nosos medos, alimentan os sentimentos de amor, son sans gratificantes e…de balde.
Un abrazo ou unha aperta fai e di moitísimo. Abraza a teu amigo/a, abraza a teu ser querido, abraza aos teus nenos/as, abraza aos teus vellos, abraza a túa mascota, abraza a unha árbore, abrázao todo!
As apertas son o mellor xeito de expresar o que sentimos, axúdannos a escorrentar os nosos medos, alimentan os sentimentos de amor, son sans gratificantes e…de balde.
Un abrazo ou unha aperta fai e di moitísimo. Abraza a teu amigo/a, abraza a teu ser querido, abraza aos teus nenos/as, abraza aos teus vellos, abraza a túa mascota, abraza a unha árbore, abrázao todo!
FESTIVAL NADAL 2013
Etiquetas:
Nadal
Aqui tendes unha pequena mostra das actuacións de Festival de Nadal 2013. Grazas a todos os que colaborastedes para que resultase unha festa xenial! Bo Nadal!!
ATA SEMPRE QUERIDO MANDELA
O día 6 de decembro deixounos esta gran persoa paradigama de humanidade e bondade
25 NOVEMBRO: DIA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Etiquetas:
Dia contra a violencia
O día 25 de novembro, foi declarado, a través da Resolución 54/134 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas no ano 1999, DíA INTERNACIONAL DA ELIMINACIóN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.Consideramos que a educación é un primeiro paso decisivo para erradicar este tipo de condutas. A través da educación en valores cómpre estar alerta perante comportamentos sexistas nos centros, empregar unha linguaxe non discriminatoria, facer visible a muller nos contidos curriculares, non caer en estereotipos de xénero e, en definitiva, non perpetuar unha visión androcéntrica do universo.Con esta finalidade un grupo de profesoras e profesoras de Pontevedra, coacolaboración dun Inspector de Educación desta Xefatura Territorial, crearon o blog www.educandoenigualdade.wordpress.com onde se poden atopar recursos para o traballo na aula co alumnado das diferentes etapas educativas. Este blogue aporta, neste momento, uns materiais que se poden considerar moi apropiados para esta tarefa e que irán medrando no tempo coas achegas e suxestións que vaia recibindo.
Educando en igualdade
OS FROITOS DO OUTONO
Etiquetas:
OUTONO
Coa chegada do outono temos a oportunidade de degustas estes delicosos produtos que queremos achegarvos para que gocedes da súa cor e sabor!
INCORPORADEOS A VOSA DIETA E VOS SENTIREDES MELLOR
OS NENOS APRENDEN O QUE VEN
Etiquetas:
Intelixencia emocional
Un poema cunha mensaxe a ter en conta para animarvos a ser boas referencias para os vosos fillos/as ou alumnos/as. Os nenos aprenden





