APERTAS POLA PAZ

Nestes días os nenos e nenas de Chans puxemos especial atención en dar e  recibir apertas : “apertas de oso, de meixela, apertas de grupo, apertas de corazón”... Sabiades que  todos precisamos  un mínimo  de catro apertas ao día para sentirnos ben?
    As apertas son o mellor xeito  de expresar o que sentimos,  axúdannos a escorrentar  os nosos medos, alimentan os sentimentos de amor, son sans  gratificantes e…de balde.
    Un abrazo ou unha aperta fai e di moitísimo. Abraza a teu amigo/a, abraza a teu ser querido, abraza aos teus nenos/as, abraza aos teus vellos, abraza a túa mascota, abraza a unha árbore, abrázao todo!

0 comentarios:

Publicar un comentario