HAPPY BIRTHDAY, DEAR GALEGO




Xoan Abeleira cóntanos neste libro un cento de anécdotas, incribles e reais coma estas, que sufríu en carne propia durante os doce anos que leva vividos na Galiza.

MIGALLAS NO COLE DE CHANS

Dentro dos actos do "Mes dos libros" contamos coa actuación da coñecida compañía de teatro "Migallas", que representou a fascinante obra titulada "O Libro máxico". Grazas a estes actores puidemos comprobar que dentro dun libro hai todo un mundo de fantasía, só temos que abrir a porta, e... como?, pois abrindo un libro, xa que todos os libros poden ser máxicos, comprobádeo!! Moito rimos e cantamos e, para que vos acordedes dese día, aquí tendes unha morea de fotos. Grazas a ANPA da nosa escola que axudou a facer realidade as nosas fantasía
O LIBRO MÁXICO on PhotoPeach




DIA INTERNACIONAL DO PLANETA TERRA: 22 ABRIL

O día 22 abril celebramos "O día internacional do planeta terra" Esta carta do ano 2070 é unha escalofriante testemuña sobre como podera ser o noso planeta se non tomamos coinciencia dos problemas medioambientais que estan xurdindo por non practicar as tres Rs: Reducir, reciclar e reutilizar
Cartaescritaenelaño2070

MADE IN GALIZA:LIBRO FORUM

Estimados pais/nais: dentro das actividade de FOMENTO DA LECTURA e coincidindo co mes das Letras Galegas (17 de maio) o Equipo de Dinamización Lingüística propón un LIBRO FORUM.
Esta actividade consiste en que tódolos participantes len o mesmo libro e o día que se lles comunique reunirémonos todos para falar do libro e de todo o que nos suxire.
O libro escollido é “Made in Galiza" de Sechu Senlle. .Coidamos que é un libro moi interesante e sinxelo na súa lectura.
Aquelas persoas que o desexen poden pedir o libro en Secretaría. Agradecémosvos que no lo devolvades cando rematedes a súa lectura para que o poidan ler outros pais e nais.
Colgo o capítulo onde se explica -paseniño- o MÉTODO BULINSKY PARA APRENDER A FALAR GALEGO.
Ademáis de gracioso é... como a vida mesma.
ANIMÁDEOS!

2 ABRIL:DIA DA CONCIENCIACION DO AUTISMO

O autismo é unha discapacidade permanente que se manifiesta nos tres primeiros anos de idade. A tasa de autismo en todas as rexiones do mundo é alta e ten un terrible impacto nos nenos/as niños, nas súas familias, nas comunidades e na sociedade

RECORD DE ABRAZOS

Los chicos de molaviajar.com despues del flashmob Vigo se Congela, vuelven a la carga. Esta vez pretenden conseguir el record de abrazos entre personas, está estipulado en 5000 personas, y quieren superarlo. Fecha: 16 de Abril de 2011 a las 17 horas. Donde: Plaza del Rey. Además causa benéfica: Los beneficios que dén las dos barras que colocarán con bebidas serán donados a una ONG. Y para que sea más fácil hacer el record, los que tengan niños tendrán que llevarlos. Pues no problemo: Tendrán un parque temático para niños. Entre otras sorpresas!

FAMILIA E COLEXIO

Unha boa páxina onde podedes atopar orientacións realistas sobre temas clave da educación dos vosos fillos/as Familia e colexio

POSTURA DIANTE O ORDENADOR

Correxir a postura diante o ordenador é moi importante para evitar lesións nas articulacións.

DIA DA ÁRBORE (21 DE MARZO)

O DIA DA ÁRBORE on PhotoPeach

XA É PRIMAVEIRA

Deixámosvos esta curta dirixida por Mandy Smith, deseñadora experta en traballar o papel para desexarvos unha feliz chegada da primaveira

The Move, Paper Animation from Mandy Smith on Vimeo.

CONVOCATORIAS AXUDAS XUNTA DE GALICIA

Convócanse axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2011, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG do 11-03-2011). O prazo de presentación de solicitudes vai dende o día 12 de marzo ata o 12 de abril
A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

ENTROIDO 2011







OS LUGARES DE BEMBRIVE

Queridas familias, deixámosvos este pequeno vídeo e estas actividades para que coñezades algúns dos lugares máis importantes da parroquia de Bembrive,



ENTROIDO EN VIGO


O Entroido 2011 en Vigo, continúa coa recuperación das vellas tradicións:os Merdeiros (personaxe propia do Entroido vigués), a Grandiosa Comparsa (integrada pola Comitiva Rexia e a Comitiva do Deus Momo) e a celebración do serán - celebración festiva organizada polas mulleres dalgún barrio ou aldea- Unha oderta de ocio para disfrutar do Entroido en familia na túa cidade

SALON DO LIBRO -PONTEVEDRA-

Contacontos, obradoiros, concertos, teatro...O salón do libro infantil e xuvenil volve a Pontevedra para achegarnos ao mundo da literatura e percorrer en familia o universo dos libros:
Salón do libro