Estimados pais/nais: dentro das actividade de FOMENTO DA LECTURA e coincidindo co mes das Letras Galegas (17 de maio) o Equipo de Dinamización Lingüística propón un LIBRO FORUM.
Esta actividade consiste en que tódolos participantes len o mesmo libro e o día que se lles comunique reunirémonos todos para falar do libro e de todo o que nos suxire.
O libro escollido é “Made in Galiza" de Sechu Senlle. .Coidamos que é un libro moi interesante e sinxelo na súa lectura.
Aquelas persoas que o desexen poden pedir o libro en Secretaría. Agradecémosvos que no lo devolvades cando rematedes a súa lectura para que o poidan ler outros pais e nais.
Colgo o capítulo onde se explica -paseniño- o MÉTODO BULINSKY PARA APRENDER A FALAR GALEGO.
Ademáis de gracioso é... como a vida mesma.
ANIMÁDEOS!
Vídeos sociales Tema 2
Hace 3 semanas
0 comentarios:
Publicar un comentario