MOTIVAR A ESTUDAR
Etiquetas:
consellos para educar
Neste blogue atoparedes alguns concellos sobre como axudar a motivar aos vosos fillos fillas cara o estudo.
Motivar a estudar
Motivar a estudar
CUERDAS
Etiquetas:
Dia da paz
O director desta curtametraxe Pedro Solís García, gañador do Goya á mellor curtametraxe de animación, soupo plasmar nesta produción os valores da amizade, a xenerosidade, a inocencia e a tenrura da infancia dun xeito maxistral. Non deixedes de vela.
APERTAS POLA PAZ
Nestes días os nenos e nenas de Chans puxemos especial atención en dar e recibir apertas : “apertas de oso, de meixela, apertas de grupo, apertas de corazón”... Sabiades que todos precisamos un mínimo de catro apertas ao día para sentirnos ben?
As apertas son o mellor xeito de expresar o que sentimos, axúdannos a escorrentar os nosos medos, alimentan os sentimentos de amor, son sans gratificantes e…de balde.
Un abrazo ou unha aperta fai e di moitísimo. Abraza a teu amigo/a, abraza a teu ser querido, abraza aos teus nenos/as, abraza aos teus vellos, abraza a túa mascota, abraza a unha árbore, abrázao todo!