skip to main |
skip to sidebar
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, achegouse hoxe ao concello coruñés de Aranga para asistir a unha das actividades do novo programa dinamizador da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), Nadal en Rede. A iniciativa inclúe cinco accións diferentes que teñen como finalidade promover o uso da lingua galega nos concellos RDL da Xunta de Galicia nas celebracións que teñen lugar nesta época do ano.
0 comentarios:
Publicar un comentario