Esta é a postal gañadora (CEIP a Castellana,Aranga-A coruña-) do concurso de presentacións electrónicas de Nadal convovado por Política Lingüística Con ela queremos desexar a toda a Comunidade do CEIP de Chans Bembrive que sexades moi felices . Bo Nadal
Postal Nadal Ganhador 6infantil
25 NOVEMBRO: DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Etiquetas:
educacion en valores
O 25 de Novembro reivindicamos que se poñan en marcha todas as ferramentas necesarias nos ámbitos da educación, a cultura, o ensino, a sanidade, a xustiza, as institucións políticas, as relixiosas, os medios de comunicación, a sociedade, etc...así como a optimización e a utilización de todas as ferramentas xa existentes, que faciliten que toda a sociedade sexa quen de arrincar as raíces que sustentan a violencia machista e parar xa e dunha vez por todas as agresións de todo tipo que sofren as mulleres e as nenas. Non podemos seguir asistindo aos asasinatos de mulleres como algo que pertence á rutina informativa ou ao espectáculo mediático.
MODIFICACIÓN DE CONDUTAS
Etiquetas:
escolafamilias
Nesta ligazón poderedes atopar documentos relativos á difícil tarefa de modificación de condutas para por en práctica na casa e na escola.Modificación condutas
TOMA CASTAÑA!
Etiquetas:
festas
O xoves 10 de novembro celebramos na escola a tradicional festa do Magosto: castañas e chourizos asados para todos e todas.
O NOSO MAGOSTO on PhotoPeach
O NOSO MAGOSTO on PhotoPeach
MANIFESTO POR UNHA NOVA EDUCACION
Etiquetas:
video
Manifesto para unha nova educación: Unha nova forma de ver ao neno/a e unha mellor educación basada nunha imaxe integral e individual do proceso evolutivo do ser humano.
RAZONS PARA CRER NUNHA ESCOLA MELLOR
Etiquetas:
video
Prezadas familias: deixamosvos este video que crearon uns mestres/as de Tenerife para que seades testigos da paixón coa que nos entregamos á gran tarefa de colaborar con vos na formación dos vosos fillos/as.
VOLTA AO COLE
Etiquetas:
consellos para educar

Prezadas familias, benvidas ao novo curso escolar. Aqui tendes alguns consellos para facilitar a adaptación as rutinas dos vosos nenos/as tras o descanso veraniego
Volta a rutina tras as vacacións
LIBROFORUM: MADE IN GALIZA
Etiquetas:
biblioteca
O pasado 15 de xuño, celebrouse en Bibliochans un libroforum sobre o libro de Sechu Sende "Made in Galiza". Foi un encontro moi positivo e ameno que nos levou a un pequeno grupo de representantes de pais/nais e profesorado a reflexionar sobre o conflito lingüístico existente en Galiza.
Made in Galiza
Made in Galiza
CARREIRA SOLIDARIA
Etiquetas:
eventos
O sábado 4 de xuño celebramos a VII carreira Quilómetros de Solidariedade para contribuir a campaña organizada por Save the children. Os cartos que se recaden estarán destinados a paliar a situación en Haití.Percorremos unha parte do sendeiro do río Eifonso. A cita foi as 10:30 no colexio de Chans.
Movédeos por unha boa causa!
INAUGURACIÓN DE BIBLIOCHANS
Etiquetas:
biblioteca
Tachaaaannnnnn! Xa temos unha nova Bibliochans!O Trasno convidou ao alumnado de Chans a asistir a inauguración da súa nova Biblioteca os días 18, 19 e 20 de maio..
Despois duns meses de moitas negociacións, reformas e moito, moito traballo aqui tedes as primeiras imaxes oficiais da NOSA NOVA BIBLIO. Grazas a todos/as os que colaborastedes a poñela tan "guapa"
Despois duns meses de moitas negociacións, reformas e moito, moito traballo aqui tedes as primeiras imaxes oficiais da NOSA NOVA BIBLIO. Grazas a todos/as os que colaborastedes a poñela tan "guapa"
BREVE ENCONTRO CON LOIS PEREIRO
Etiquetas:
Letras galegas
Coincidindo coa celebración do 17 de maio, dende o blog de Xerais adiantamos hoxe 24 páxinas de Lois Pereiro. Breve encontro. Un achegamento comiqueiro á obra e vida do poeta, novela gráfica da que é autor Jacobo Fernández Serrano. Tras un demorado traballo de documentación, Jacobo ofrece un volume de 160 páxinas nas que percorre a biografía e a obra literaria de Lois Pereiro. Creo que vai ser outras das obras de referencia deste magnífico e renovador ano Pereiro. Agardo que sexa do voso agrado. A edición é froito dunha coedición de Xerais e da Consellaría de Cultura e o libro chegará ás librarías a comezos do vindeiro mes de xuño.O adianto da novela gráfica Lois Pereiro. Breve encontro pode baixarse en pdf aquí.
E ti, por qué falas galego?
Etiquetas:
Letras galegas
Vídeo gañador do concurso Correlingua 2011, do IES A Fonsagrada, Lugo". E ti, por qué falas galego?
FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2011
Etiquetas:
dia das letras galegas
No marco da celebración das letras galegas, actuamos e cantamos pola nosa lingua. E ti, que fas polo galego?
Fina Casalderrey
Etiquetas:
visitas
A escritora Fina Casalderrey visitou aos nenos de 3º de primaria que están a ler o seu libro "O estanque dos parrulos pobres" (se queres parar a música preme no altavoz)
RISCOS DA INTERNET
Etiquetas:
visitas
Un experto policial visitou ao alumnado de 6º para ofrecerlles información clara dos riscos que poden xurdir da navegación por internet, principalmente no relativo ao uso das redes sociais das que moitos deles son usuarios/as . A lei prohibe facerse un perfil neste tipo de servizos a menores de 14 anos
HAPPY BIRTHDAY, DEAR GALEGO
Etiquetas:
dia das letras galegas
MIGALLAS NO COLE DE CHANS
Etiquetas:
dia do libro
Dentro dos actos do "Mes dos libros" contamos coa actuación da coñecida compañía de teatro "Migallas", que representou a fascinante obra titulada "O Libro máxico". Grazas a estes actores puidemos comprobar que dentro dun libro hai todo un mundo de fantasía, só temos que abrir a porta, e... como?, pois abrindo un libro, xa que todos os libros poden ser máxicos, comprobádeo!! Moito rimos e cantamos e, para que vos acordedes dese día, aquí tendes unha morea de fotos. Grazas a ANPA da nosa escola que axudou a facer realidade as nosas fantasía
O LIBRO MÁXICO on PhotoPeach
O LIBRO MÁXICO on PhotoPeach
DIA INTERNACIONAL DO PLANETA TERRA: 22 ABRIL
Etiquetas:
eventos
O día 22 abril celebramos "O día internacional do planeta terra" Esta carta do ano 2070 é unha escalofriante testemuña sobre como podera ser o noso planeta se non tomamos coinciencia dos problemas medioambientais que estan xurdindo por non practicar as tres Rs: Reducir, reciclar e reutilizar
Cartaescritaenelaño2070
Cartaescritaenelaño2070
MADE IN GALIZA:LIBRO FORUM
Etiquetas:
Letras galegas
Estimados pais/nais: dentro das actividade de FOMENTO DA LECTURA e coincidindo co mes das Letras Galegas (17 de maio) o Equipo de Dinamización Lingüística propón un LIBRO FORUM.
Esta actividade consiste en que tódolos participantes len o mesmo libro e o día que se lles comunique reunirémonos todos para falar do libro e de todo o que nos suxire.
O libro escollido é “Made in Galiza" de Sechu Senlle. .Coidamos que é un libro moi interesante e sinxelo na súa lectura.
Aquelas persoas que o desexen poden pedir o libro en Secretaría. Agradecémosvos que no lo devolvades cando rematedes a súa lectura para que o poidan ler outros pais e nais.
Colgo o capítulo onde se explica -paseniño- o MÉTODO BULINSKY PARA APRENDER A FALAR GALEGO.
Ademáis de gracioso é... como a vida mesma.
ANIMÁDEOS!
Esta actividade consiste en que tódolos participantes len o mesmo libro e o día que se lles comunique reunirémonos todos para falar do libro e de todo o que nos suxire.
O libro escollido é “Made in Galiza" de Sechu Senlle. .Coidamos que é un libro moi interesante e sinxelo na súa lectura.
Aquelas persoas que o desexen poden pedir o libro en Secretaría. Agradecémosvos que no lo devolvades cando rematedes a súa lectura para que o poidan ler outros pais e nais.
Colgo o capítulo onde se explica -paseniño- o MÉTODO BULINSKY PARA APRENDER A FALAR GALEGO.
Ademáis de gracioso é... como a vida mesma.
ANIMÁDEOS!
2 ABRIL:DIA DA CONCIENCIACION DO AUTISMO
Etiquetas:
eventos
O autismo é unha discapacidade permanente que se manifiesta nos tres primeiros anos de idade. A tasa de autismo en todas as rexiones do mundo é alta e ten un terrible impacto nos nenos/as niños, nas súas familias, nas comunidades e na sociedade
RECORD DE ABRAZOS
Etiquetas:
eventos
Los chicos de molaviajar.com despues del flashmob Vigo se Congela, vuelven a la carga. Esta vez pretenden conseguir el record de abrazos entre personas, está estipulado en 5000 personas, y quieren superarlo. Fecha: 16 de Abril de 2011 a las 17 horas. Donde: Plaza del Rey. Además causa benéfica: Los beneficios que dén las dos barras que colocarán con bebidas serán donados a una ONG. Y para que sea más fácil hacer el record, los que tengan niños tendrán que llevarlos. Pues no problemo: Tendrán un parque temático para niños. Entre otras sorpresas!
FAMILIA E COLEXIO
Etiquetas:
escolafamilias
Unha boa páxina onde podedes atopar orientacións realistas sobre temas clave da educación dos vosos fillos/as Familia e colexio
POSTURA DIANTE O ORDENADOR
Etiquetas:
video
Correxir a postura diante o ordenador é moi importante para evitar lesións nas articulacións.
XA É PRIMAVEIRA
Etiquetas:
video
Deixámosvos esta curta dirixida por Mandy Smith, deseñadora experta en traballar o papel para desexarvos unha feliz chegada da primaveira
The Move, Paper Animation from Mandy Smith on Vimeo.
CONVOCATORIAS AXUDAS XUNTA DE GALICIA
Etiquetas:
convocatorias
Convócanse axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2011, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG do 11-03-2011). O prazo de presentación de solicitudes vai dende o día 12 de marzo ata o 12 de abrilA información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.
OS LUGARES DE BEMBRIVE
Etiquetas:
video
Queridas familias, deixámosvos este pequeno vídeo e estas actividades para que coñezades algúns dos lugares máis importantes da parroquia de Bembrive,
ENTROIDO EN VIGO
Etiquetas:
Entroido

O Entroido 2011 en Vigo, continúa coa recuperación das vellas tradicións:os Merdeiros (personaxe propia do Entroido vigués), a Grandiosa Comparsa (integrada pola Comitiva Rexia e a Comitiva do Deus Momo) e a celebración do serán - celebración festiva organizada polas mulleres dalgún barrio ou aldea- Unha oderta de ocio para disfrutar do Entroido en familia na túa cidade
SALON DO LIBRO -PONTEVEDRA-
Etiquetas:
eventos
Contacontos, obradoiros, concertos, teatro...O salón do libro infantil e xuvenil volve a Pontevedra para achegarnos ao mundo da literatura e percorrer en familia o universo dos libros:Salón do libro
RELACIÓNS FAMILIA-ESCOLA
Etiquetas:
video
Un toque de humor que describe certos comportamentos inxustificables.
ACHEGATE A SAN BRAIS
Etiquetas:
San Brais
A PAZ COMEZA EN TI
Etiquetas:
Dia da paz
Queridas familias, queremos facervos partícipes da celebración que tivemos na escola do "Día escolar pola Paz e non violencia" .
Cantamos e soñamos para que chegue axiña o día no que buscaremos solucións pacíficas aos conflitos, que seremos solidarios cos que teñen menos , que axudaremos aos compañeiros e compañeiras a sentirse ben, que respectaremos as formas de ser e de pensar das demáis persoas , que utilizaremos os recursos naturais dun xeito responsable e que coidaremos con agarimo as prantas e animais, porque "A paz comeza en cada un de nós"
A PAZ COMEZA EN TI. on PhotoPeach
A celebración da xornada pola paz rematou cantando a canción "Somos o mundo"
Cantamos e soñamos para que chegue axiña o día no que buscaremos solucións pacíficas aos conflitos, que seremos solidarios cos que teñen menos , que axudaremos aos compañeiros e compañeiras a sentirse ben, que respectaremos as formas de ser e de pensar das demáis persoas , que utilizaremos os recursos naturais dun xeito responsable e que coidaremos con agarimo as prantas e animais, porque "A paz comeza en cada un de nós"
A PAZ COMEZA EN TI. on PhotoPeach
A celebración da xornada pola paz rematou cantando a canción "Somos o mundo"
DIA ESCOLAR POLA PAZ E NON VIOLENCIA
Etiquetas:
Dia da paz
Educar os Sentimientos, educar para a Paz, educar para a VIDA. Realmente educamos aos nosos fillos/as, aos nosos alumnos/as, en todo aquelo que podería axudarlles a caminar en tantos e tantos aspectos que o seu desenvolvemento emocional, sentimental, humanitario, intelectual, creativo, emprendedor, solidario, ... conleva? Para a construción dun novo mundo, que será o SEU mundo non podemos seguer considerando que aquelo que máis precisan son CONTIDOS... Hai moito máis, moitísimo!! LA ESCUELA DE LA ALEGRÍA: UN VIDEO QUE EMOCIONO A TODO UN CONGRESO
La Escuela de la Alegría: el vídeo que emocionó a todo un Congreso from Miquel Beltran on Vimeo.
HAITI:UN ANO DESPOIS
Etiquetas:
solidariedade
Un ano despois da traxedia de Haití os datos son desoladores. Fontes de Oxfam afirman que tan só un 5% dos cascallos foron retirados ante a indecisión paralizante dun goberno desacreditado e o atraso imperdoable das axudas prometidas. Big Picture ofrece esta demoledora reportaxe gráfica que en ocasións proporciona fotos tomadas inmediatamente despois do terremoto e fotos recentes do mesmo emprazamento, como as que vos ofrecemos nesta entrada.
Tamén podedes escoitar o vídeo realizado grazas á iniciativa de varios músicos e compositores con motivo desta triste efemérides.
Tamén podedes escoitar o vídeo realizado grazas á iniciativa de varios músicos e compositores con motivo desta triste efemérides.
FESTIVAL DE NADAL EN CHANS 2010
Etiquetas:
Nadal
Os Reis trouxéronnos un novo blogue para a Aula de música. Preme e lembrarás algunhas das actuacións do Nadal. O son de ChansGrazas por facer do Nadal un tempo máxico.
O EXEMPLO E A MELLOR FORMA DE EDUCAR
Etiquetas:
cidadania
Se ti o fas, eles e elas tamén o farán: "Make your influence positive"
EDUCACION EN VALORES E IGUALDADE
Etiquetas:
educacion en valores
Comezamos un novo ano ... É un bo momento para facer renovados propósitos que nos axuden a medrar persoalmente e deixar nos nosos fillos/as sementes que lles axuden a construir un mundo mellor, máis xusto, con máis valores....As personaxes desta web -posta en marcha pola Xunta de Andalucía- son os encargados de introducir dun xeito lúdico conceptos tan importantes como a tolerancia e a diversidade .
Un bo material para sensibilizar aos máis pequenos/as cara a celebración do Día Internacional da Paz e Non violencia (30 Xaneiro)




