O día 20 de novembro é o día internacional dos dereitos da infancia.Todos temos dereitos, ou deberíamolos ter. Os adultos podemos loitar por eles mentres que os nenos e nenas precisan de nós para que estos dereitos se respecten. Estes vídeos invitan á reflexión.
TODOS OS DEREITOS PARA TODOS E TODAS
VI CONCURSO DE FOTOGRAFIA CREATIVA
Etiquetas:
Con ollos de artista
Noraboa a todoas a s familias que enviastedes as vosas fotos tomadas "Con ollos de artista" . Parabéns a Angel e Tomás por saber captar a maxia de eses instantes.
DIA DAS LETRAS GALEGAS:CARLOS CASARES
Etiquetas:
dia das letras galegas
O día das letras galegas está dedicado no 2017 a Carlos Casares.Narrador, ensaísta, articulista de prensa, editor e
dinamizador cultural, Carlos Casares Mouriño (Ourense, 1941-Vigo, 2002) é unha
das figuras máis senlleiras e renovadoras da literatura galega das últimas
décadas do século XX. Prosista en distintos xéneros, o humor e a sinxeleza e a
claridade no tratamento dos temas que lle afectan ao mundo actual constitúen os
trazos máis característicos do seu estilo narrativo e ensaístico, que lle
reportou un gran recoñecemento do público e da crítica.
Recursos educativos da fundación Carlos Casares
Agradecemos ao alumnado do IES Carlos Casares de Vigo que visitaron a nosa escola con actividades que nos axudaron a descubrir a vida e a obra de este gran persoeiro
Podedes gozar deste poema de Carlos Casares "Amemos" interpretado por Gelria, o trío galego-catalán.
Recursos educativos da fundación Carlos Casares
Agradecemos ao alumnado do IES Carlos Casares de Vigo que visitaron a nosa escola con actividades que nos axudaron a descubrir a vida e a obra de este gran persoeiro
Podedes gozar deste poema de Carlos Casares "Amemos" interpretado por Gelria, o trío galego-catalán.
DESFILANDO CON ARTE.ENTROIDO 2017
Etiquetas:
Entroido
O venres 24 de febreiro, as comparsas de Chans desfilaron con moita Arte: "Os amigos do K", "Unha de romanos", "Con ollos surealistas", "Cabaliños na Noite estrelada", "Os nosos pintores", "As estacións " e "Con ollos de muller".
AS CORES DA PAZ
Etiquetas:
Dia da paz
Con motivo da celebración do Día da Paz os nenos/as de Chans descubrimos que a cor da paz é a cor das emocións que nos fan sentir ben: gratitude, xenerosidade, tranquilidade..Co poder da nosa imaxinacións podemos debuxar a escola que desexamos e enchela de cores luminoss que nos inspiren a ser mellores persoasAs cores da paz
ALMANAQUE 2017:UN ANO DE CORES
Etiquetas:
Nadal
O ano 2017 vai ser o ano de cores luminosas do cole Chans que encherán a nosa escola e as nosas vidas de enerxía e positividade.
Almanaque 2017
Almanaque 2017
APOSTA POR UN NADAL AMABLE
Etiquetas:
Nadal
Emmarcada no proxecto deste curso "Con ollos de artista", a actividade "A cor do Nadal é a cor da amabilidade" pretende continuar apostando polas condutas prosociais que axuden a crear un bo clima de convivencia na escola. Comecemos polos mestres/as para poder ofrecerlles aos nosos alumno/as a mellor versión de nos mesmos.Un bo xeito de prepararnos para o Nadal. Sé amable!
QUE XOGUETES REGALARLLES EN NADAL
Etiquetas:
Nadal
Un articulo interesante que vos pode axudar a decidir que xoguetes son os máis axeitados . Xoguetes para este Nadal
MAGOSTO EN CHANS
Etiquetas:
MAGOSTO
O CORO DAS EMOCIÓNS
Etiquetas:
Intelixencia emocional
O pasado venres 27 de maio celebramos na escola o II Concerto do Coro das emocións, recurso contemplado no Programa de Educación Responsable. Este ano contamos coa colaboración de catro músicos excepcionáis que acompañaron as pezas con Piano (Isabel Gil), Guitarra eléctrica (KikeCarrera), Guitarra Española (Lucía Verde) e percusión (Rubén Comesaña).
A continuación podedes ver os vídeos de todas as cancións que se interpretaron. Os tres coros xúntanse para interpretar "Todos somos capitáns" de Magín Blanco
REBUMBIO MATEMÁTICO
Etiquetas:
Rebumbio
Os "Matemáxicos" de Chans clasificaronse na fase de zona do Rebumbio matemático e acudirán o 20 de maio a fase final da Coruña . Parabéns e sorte a Tania, Antón e Aarón ! Contades moito!!
XVI Rebumbio Matemático
XVI Rebumbio Matemático
ARTISTAS EN CHANS
Etiquetas:
En chans contamos todos
Xa podedes ver as primeiras actuacións dos nosos artistas. Grazas a todos por acudir a bibliochans o venres día 15 de abril.
Os primeiros en actuar foron os bailarins de break dance de 3ºA: Amín, Breixo, Dani e Miki. Preme na imaxe para ver o vídeo.
Podedes gozar vendo ao trio pola paz: Eire, Lucía e Paula de 4ºA, que nos ofreceron esta bonita adaptación "Imaxina". Preme na imaxe e sorpréndete do grande talento de Chans.

Aqui tendes a última actuación do día,
Antonio de 4ºA, interpretando o Pasodobre de pastoriza co seu saxo. Preme na imaxe para gozar coa música.
Os primeiros en actuar foron os bailarins de break dance de 3ºA: Amín, Breixo, Dani e Miki. Preme na imaxe para ver o vídeo.
Podedes gozar vendo ao trio pola paz: Eire, Lucía e Paula de 4ºA, que nos ofreceron esta bonita adaptación "Imaxina". Preme na imaxe e sorpréndete do grande talento de Chans.
Aqui tendes a última actuación do día,
Antonio de 4ºA, interpretando o Pasodobre de pastoriza co seu saxo. Preme na imaxe para gozar coa música.









