VIDEOXOGOS EMOCIONAIS

http://padresformados.es/video-juegos-para-educar-emociones/
Pais Formados e a Universidade de Lleida fixeron unha colaboración para promocionar dous vídeo xogos que nos permiten educar as competencias emocionais de 8 a 16 anos. Videoxogo
Recursos educativos

CHANS CON ROSALÍA DE CASTRO

Coma en anos anteriores, as bibliotecas escolares galegas súmanse á celebración do aniversario de Rosalía de Castro, o día 24 de febreiro, unha das datas sinaladas no "calendario da lectura" de todos os galegos/as- Neste 2016 cúmprense os 153 anos da publicación de Cantares Gallegos, libro fundamental para as xentes, a lingua e a cultura de Galicia. O noso colexio  sumouse  a esta homenaxe facendo un acto conxunto ás 12:.00 horas. Recursos educativos

UN ENTROIDO DE CONTO

O venres 5 de febreiro, na escola de Chans gozamos dun "Entroido de conto".  A ratiña presumida, 101 Dálmatas, Os 3 porquiños, Peter Pan, O Frautista de Hamelín, Alicia no país das maravillas e Alí Babá e os 40  ladróns chegaron a nosa escola  para encher este Entroido de  ritmo e cor.

FELIZ DIA DO AMOR

O 14 de febreiro celebramos o "San Valentín" o día do "Amor e da Amizade"... pero os mil millóns de mulleres que son violadas e maltratadas en todo o mundo non teñen nada que celebrar
 Dose de maxia neste corto

FESTIVAL DE NADAL 2015

O 18 de decembro celebramos o festival de Nadal . Unha morea de actuacións para darlle a benvida ao Nadal e unha actuación moi emotiva para despedir a Fidel,. Aqui tendes a canción que lle dedicamos a este gran mestre e persoa. Grazas Fidel

I CONCURSO CREATIVO DE ADORNOS DE NADAL

Emmarcado no proxecto integrado deste curso "En Chans contamos todos/as" convidamos a todas as familias a participar no I Concurso Creativo de adornos de Nadal. A idea é que traballedes conxuntamente cos vosos fillos/as na elaboración dun adorno para a árbore de Nadal da escola que teña que ver co mundo das matemáticas. A entrega de premios levarase a cabo o 18 de decembro durante o festival.
Aqui tendes unha pequena mostra das vosas creacións. Grazas pola vosa colaboración porque "O Nadal tamen conta"

CANCIÓN DE NADAL DE AFRICA PARA OS NENOS/AS NORUEGOS

Rompendo estereotipos:Noruega precisa axuda dos africanos para facer que os nenos e nenas noruegos non pasen tanto frio.

O PODER DUN SORRISO

Queridas familias, Comezamos a conta atrás da Festa do Nadal. Como todos os anos queremos facervos partícipes desta celebración na que non deben faltar ingredientes tan necesarios como a solidariedade e os sorrisos  sinceros. E non esquezades que o mellor agasallo que podedes dar aos vosos fillos/as é estar presentes a consciencia tal e como dí este interesante artículo. Estar presente

.

A OUTRA CARTA AOS REIS

A CAPSULA DO TEMPO

Por mor da Celebración do Dias dos Dereitos dos nenos/as, os nenos/as de 4º e 5º de primaria participamos na proposta de Unicef "A cápsula do tempo" Despois de reflexionar sobre as cousas  que nos gustan deste  mundo e as cousas que se poderian mellorar, escribimos os nosos desexos e os nosos compromisos persoais e os  introducimos  na "Cápsula do tempo" que se abrirá no ano 2030. Ogallá para aquela todos/as os nenos/as do mundo tengan os mesmos dereitos. Temos dereitos, asumimos responsabilidades.

ESPECIAL HALLOWEEN/SAMAIN

Seis Curtametraxes para ver en familia a noite de Halloween.
Curtametraxes

MANUAL PARA GOZAR COS TEUS FILLOS/AS

VOLTA AO COLE

Setembro é sinónimo de volta á escola! Preparar aos nenos/as para os primeiros días de clase é importante e a actitude coa que se afronten é fundamental. Prezadas familias aqui gtendes alguns consellos e recursos para que a volta ao cole sexa máis doada
Volta ao cole






CONSELLO USO REDES SOCIAIS

Aquí tendes algúns consellos de uso de redes sociais para estudiantes.
Redes sociais para menores

VIVIR CON MENOS, MÁIS FELICIDADE