Emmarcado no proxecto integrado deste curso "En Chans contamos todos/as" convidamos a todas as familias a participar no I Concurso Creativo de adornos de Nadal. A idea é que traballedes conxuntamente cos vosos fillos/as na elaboración dun adorno para a árbore de Nadal da escola que teña que ver co mundo das matemáticas. A entrega de premios levarase a cabo o 18 de decembro durante o festival.
Aqui tendes unha pequena mostra das vosas creacións. Grazas pola vosa colaboración porque "O Nadal tamen conta"
CANCIÓN DE NADAL DE AFRICA PARA OS NENOS/AS NORUEGOS
Etiquetas:
Nadal
Rompendo estereotipos:Noruega precisa axuda dos africanos para facer que os nenos e nenas noruegos non pasen tanto frio.
O PODER DUN SORRISO
Etiquetas:
Nadal
Queridas familias, Comezamos a conta atrás da Festa do Nadal. Como todos os anos queremos facervos partícipes desta celebración na que non deben faltar ingredientes tan necesarios como a solidariedade e os sorrisos sinceros. E non esquezades que o mellor agasallo que podedes dar aos vosos fillos/as é estar presentes a consciencia tal e como dí este interesante artículo. Estar presente
.
.
A CAPSULA DO TEMPO
Etiquetas:
dereitos dos nenos
Por mor da Celebración do Dias dos Dereitos dos nenos/as, os nenos/as de 4º e 5º de primaria participamos na proposta de Unicef "A cápsula do tempo" Despois de reflexionar sobre as cousas que nos gustan deste mundo e as cousas que se poderian mellorar, escribimos os nosos desexos e os nosos compromisos persoais e os introducimos na "Cápsula do tempo" que se abrirá no ano 2030. Ogallá para aquela todos/as os nenos/as do mundo tengan os mesmos dereitos. Temos dereitos, asumimos responsabilidades.
VOLTA AO COLE
Etiquetas:
consellos para educar
Setembro é sinónimo de volta á escola! Preparar aos nenos/as para os primeiros días de clase é importante e a actitude coa que se afronten é fundamental. Prezadas familias aqui gtendes alguns consellos e recursos para que a volta ao cole sexa máis doada
Volta ao cole
Volta ao cole
DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
Etiquetas:
Dia do medio ambiente
O dia 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente para promover a concienciación da necesidade de protexer o noso contorno natural e garantir que todas as persoas e nacións poidan gozar dun futuro máis próspero e feliz
Dia do Medio Ambiente
Dia do Medio Ambiente
ACTIVIDADES DE RALAXACION
Etiquetas:
Intelixencia emocional
Unha compilación de actividades de relaxación para traballar as rabietas, superar medos... Actividades de relaxación
CORO DAS EMOCIÓNS
Etiquetas:
Intelixencia emocional
Deixámosvos unha pequena mostra das actuacións dos "coros das emocións" de 2º e 4º de primaria. Esta actividade desenvolveuse no marco da proxecto "Educación responsable" que estamos aplicando nas aulas neste curso
FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2015
Etiquetas:
Letras galegas
Deixámosvos unha pequena mostra das actuación do festival das letras galegas 2015. Noraboa a todos e todas os que nos axudaron a "ter o mundo nas mans".








