VOLTA AO COLE

Setembro é sinónimo de volta á escola! Preparar aos nenos/as para os primeiros días de clase é importante e a actitude coa que se afronten é fundamental. Prezadas familias aqui gtendes alguns consellos e recursos para que a volta ao cole sexa máis doada
Volta ao cole






CONSELLO USO REDES SOCIAIS

Aquí tendes algúns consellos de uso de redes sociais para estudiantes.
Redes sociais para menores

VIVIR CON MENOS, MÁIS FELICIDADE

RESPIRA

Un video que nos axudará a lidiar co enfado.
Respira

DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O dia 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente para promover a concienciación da necesidade de protexer o noso contorno natural e garantir que todas as persoas e nacións poidan gozar dun futuro máis próspero e feliz
Dia do Medio Ambiente

ACTIVIDADES DE RALAXACION

Unha compilación de actividades de relaxación para traballar as rabietas, superar medos... Actividades de relaxación

CORO DAS EMOCIÓNS

Deixámosvos unha pequena mostra das actuacións dos "coros das emocións" de 2º e 4º de primaria. Esta actividade desenvolveuse no marco da proxecto "Educación responsable" que estamos aplicando nas aulas neste curso













FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2015

Deixámosvos unha pequena mostra das actuación do festival das letras galegas 2015. Noraboa a todos e todas os que nos axudaron a "ter o mundo nas mans".

25 LIBROS SOBRE EMOCIÓNS

Para comezar a semana na que celebramos "O día de libro" cheos de boa enerxía,  deixovos esta ligazón a vintecinco libros sobre emocións e sentimentos  para nenos/as. Libros emocionantes
Orientacións para fomentar a lectura en familia.
Lemos xuntos!

DIA DA POESIA: VERSOS E DANZAS VIAXEIROS

A poesía serve para recitar,  cantar, bailar,  sentir , gozar..... Os nenos e nenas de Chans celebramos este día escribindo versos  dos lugares que estamos a percorrer co proxecto "Chans co mundo nas mans"e bailando danzas típicas destes países. Nesta xornada compartimos os nosos versos e danzas viaxeiras con todos e todas.

UN MUNDO DE CORES. DIA DA PAZ 2015

“UN MUNDO DE CORES ” quere transmitir a idea de que, como o arco da vella, cada persoa é única. Aínda que a cor da pel, a forma dos ollos, os costumes que temos, as cousas que comemos…. fannos especiais, todos e todas as persoas temos sentimentos, pensamentos, esperanzas e soños. Fagamos a cotío pequenas accións que debuxen un mundo cheo de cor! Nós, os nenos e nenas de Chans queremos axudar a pintar un mundo de cores enviando a todos os nenos doutros lugares as nosas mensaxes de amabilidade, de paciencia, de cordialidade, de esforzo no traballo, de diálogo, de cooperación….. Xuntos e xuntas debuxaremos un fermoso arco da vella con todos estes desexos.

O NENO ATENTO

http://www.edesclee.com/products.php/ISBN9788433026743
Poderedes acceder a un extracto do libro "El  niño atento", sobre mindfulness ou  atención plena dun modo imaxinativo, divertido e in telixente. El niño atento

FESTIVAL NADAL 2015

Aqui tendes unha pequena mostra das fermosas actuacións coas que o alumnado do CEIP de Chans Bembrive despediu o ano 2014 e deulle unha agarimosa benvida ao ano 2015

EXPOSICIÓN DE BELÉNS EN CHANS

Grazas familias pola vosa colaboración na doazón de xoguetes e comida para os máis desfavorecidos . Ese é o verdadeiro espíritu do Nadal!

SAMAIN/HALLOWEEN EN CHANS

Na noite de Samaín (31 de outubro)as bruxas, diaños, e pantasmas deixaron nos corredores da escola estas cabazas para espantar aos "zombies" que pretendían achegarse a Chans