Na noite de Samaín (31 de outubro)as bruxas, diaños, e pantasmas deixaron nos corredores da escola estas cabazas para espantar aos "zombies" que pretendían achegarse a Chans
O dia 19 de outubro celébrase o Día Mundial do Cancro de mama. Son moitas as campañas coas que se quere sensibilizar á poboación da importabncia da detección prezoz . Máis do 95% dos casos cúranse se son diagnosticados a tempo.Aquí tendes o baile do autoexame que salva vidas! A bailar!!
O noso centro foi seleccionado pola Conselleria de Educación para aplicar un Proxecto experimental sobre "Educación Responsable. Este proxecto financiado pola Fundación Botín e Barrié aposta por unha educación que promova o crecemento saudable de nenos e mozos, potenciando o seu talento e creatividade para axudarlles a ser autónomos, competentes, solidarios e felices. Unha educación, en definitiva, que xere desenvolvemento e contribúa ao progreso da sociedade.
Aquí tendes un ha pequena mostra da resolución da III edición do Concurso de Fotografía creativa. Parabéns aos gañadores e as súas familias que nos fixeron sentir moitas emocións con estas Emo-fotos
O 16 de maio tivo lugar na escola o festival das Letras Galegas. Grazas a todos aqueles/as que contribuíron a que esta festa estivese chea de Emocións.
A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2014 ao
escritor lugués Xosé María Díaz Castro, autor dunha importante obra
poética en lingua galega. Xosé María Díaz Castro