Prezadas familias.Dende este blogue queremos agradecervos o voso apoio e colaboración e desexarvos unhas boas e ben merecidas vacacións. Vémonos en setembro con novos proxectos e ilusións. Bo verán!
Enmarcada no proxecto integrado que estamos a desenvolver na escola "Achégate a Bembrive" invitámosvos a visitar esta interesante mostra de instrumentos e traxes tradicionais galegos organizado polas aulas de 2º en colaboración coa aula de música.
Máis información sobre este tema premendo aquí
O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega". Tras 50 anos, súmase á lista Valentín Paz Andrade
Relato para nenos/as e adultos escrito e narrado por José Saramago. Un curto colmado de símbolos e enigmas, destinado a una infancia que medra nun mundo dominado polo individcualismo, a desesperanza e a falla de ideais.