FESTAS DO OUTONO on PhotoPeach
MANIFESTO POR UNHA NOVA EDUCACION
Etiquetas:
video
Manifesto para unha nova educación: Unha nova forma de ver ao neno/a e unha mellor educación basada nunha imaxe integral e individual do proceso evolutivo do ser humano.
RAZONS PARA CRER NUNHA ESCOLA MELLOR
Etiquetas:
video
Prezadas familias: deixamosvos este video que crearon uns mestres/as de Tenerife para que seades testigos da paixón coa que nos entregamos á gran tarefa de colaborar con vos na formación dos vosos fillos/as.
VOLTA AO COLE
Etiquetas:
consellos para educar

Prezadas familias, benvidas ao novo curso escolar. Aqui tendes alguns consellos para facilitar a adaptación as rutinas dos vosos nenos/as tras o descanso veraniego
Volta a rutina tras as vacacións
LIBROFORUM: MADE IN GALIZA
Etiquetas:
biblioteca
O pasado 15 de xuño, celebrouse en Bibliochans un libroforum sobre o libro de Sechu Sende "Made in Galiza". Foi un encontro moi positivo e ameno que nos levou a un pequeno grupo de representantes de pais/nais e profesorado a reflexionar sobre o conflito lingüístico existente en Galiza.
Made in Galiza
Made in Galiza
CARREIRA SOLIDARIA
Etiquetas:
eventos
O sábado 4 de xuño celebramos a VII carreira Quilómetros de Solidariedade para contribuir a campaña organizada por Save the children. Os cartos que se recaden estarán destinados a paliar a situación en Haití.Percorremos unha parte do sendeiro do río Eifonso. A cita foi as 10:30 no colexio de Chans.
Movédeos por unha boa causa!
INAUGURACIÓN DE BIBLIOCHANS
Etiquetas:
biblioteca
Tachaaaannnnnn! Xa temos unha nova Bibliochans!O Trasno convidou ao alumnado de Chans a asistir a inauguración da súa nova Biblioteca os días 18, 19 e 20 de maio..
Despois duns meses de moitas negociacións, reformas e moito, moito traballo aqui tedes as primeiras imaxes oficiais da NOSA NOVA BIBLIO. Grazas a todos/as os que colaborastedes a poñela tan "guapa"
Despois duns meses de moitas negociacións, reformas e moito, moito traballo aqui tedes as primeiras imaxes oficiais da NOSA NOVA BIBLIO. Grazas a todos/as os que colaborastedes a poñela tan "guapa"
BREVE ENCONTRO CON LOIS PEREIRO
Etiquetas:
Letras galegas
Coincidindo coa celebración do 17 de maio, dende o blog de Xerais adiantamos hoxe 24 páxinas de Lois Pereiro. Breve encontro. Un achegamento comiqueiro á obra e vida do poeta, novela gráfica da que é autor Jacobo Fernández Serrano. Tras un demorado traballo de documentación, Jacobo ofrece un volume de 160 páxinas nas que percorre a biografía e a obra literaria de Lois Pereiro. Creo que vai ser outras das obras de referencia deste magnífico e renovador ano Pereiro. Agardo que sexa do voso agrado. A edición é froito dunha coedición de Xerais e da Consellaría de Cultura e o libro chegará ás librarías a comezos do vindeiro mes de xuño.O adianto da novela gráfica Lois Pereiro. Breve encontro pode baixarse en pdf aquí.
E ti, por qué falas galego?
Etiquetas:
Letras galegas
Vídeo gañador do concurso Correlingua 2011, do IES A Fonsagrada, Lugo". E ti, por qué falas galego?
FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2011
Etiquetas:
dia das letras galegas
No marco da celebración das letras galegas, actuamos e cantamos pola nosa lingua. E ti, que fas polo galego?
Fina Casalderrey
Etiquetas:
visitas
A escritora Fina Casalderrey visitou aos nenos de 3º de primaria que están a ler o seu libro "O estanque dos parrulos pobres" (se queres parar a música preme no altavoz)
RISCOS DA INTERNET
Etiquetas:
visitas
Un experto policial visitou ao alumnado de 6º para ofrecerlles información clara dos riscos que poden xurdir da navegación por internet, principalmente no relativo ao uso das redes sociais das que moitos deles son usuarios/as . A lei prohibe facerse un perfil neste tipo de servizos a menores de 14 anos

