ARTISTAS EN CHANS

Xa podedes ver as primeiras actuacións dos nosos artistas. Grazas a todos por acudir a bibliochans o venres día 15 de abril.



Os primeiros en actuar foron os bailarins de break dance de 3ºA:  Amín, Breixo, Dani e Miki. Preme na imaxe para ver o vídeo.







Podedes gozar vendo ao trio pola paz: Eire, Lucía e Paula de 4ºA, que nos ofreceron esta bonita adaptación "Imaxina". Preme na imaxe e sorpréndete do grande talento de Chans.









Aqui tendes a última actuación do día, 
Antonio de 4ºA, interpretando o Pasodobre de pastoriza co seu saxo. Preme na imaxe para gozar coa música.






  

23 ABRIL: SE TI LES, ELES LEN

UN PAPA A LA MEDIDA

Un conto cargado de gran afectividade e sentido do humor

22 MARZO: DÍA MUNDIAL DA AUGA

A boa xestión  e a cooperación promoven  o  acceso á  auga,  a loita contra a súa  escasez e  contribuen á  redución da pobreza. A cooperación permite un uso máis eficiente e sostible   dlos  recursos hídricos  que se   traduce en   mellores  condicions de vida.
Dia Mundial da Auga
Enrédate
Noticias sobre o  Día da Auga
Pingas en Chans

AS MULLERES CONTAN

Este ano e como actividade do proxecto integrado "En Chans contamos todos" lembramos ás Mulleres matemáticas que fixeron historia porque  "As mulleres contan".

 

VIDEOXOGOS EMOCIONAIS

http://padresformados.es/video-juegos-para-educar-emociones/
Pais Formados e a Universidade de Lleida fixeron unha colaboración para promocionar dous vídeo xogos que nos permiten educar as competencias emocionais de 8 a 16 anos. Videoxogo
Recursos educativos

CHANS CON ROSALÍA DE CASTRO

Coma en anos anteriores, as bibliotecas escolares galegas súmanse á celebración do aniversario de Rosalía de Castro, o día 24 de febreiro, unha das datas sinaladas no "calendario da lectura" de todos os galegos/as- Neste 2016 cúmprense os 153 anos da publicación de Cantares Gallegos, libro fundamental para as xentes, a lingua e a cultura de Galicia. O noso colexio  sumouse  a esta homenaxe facendo un acto conxunto ás 12:.00 horas. Recursos educativos

UN ENTROIDO DE CONTO

O venres 5 de febreiro, na escola de Chans gozamos dun "Entroido de conto".  A ratiña presumida, 101 Dálmatas, Os 3 porquiños, Peter Pan, O Frautista de Hamelín, Alicia no país das maravillas e Alí Babá e os 40  ladróns chegaron a nosa escola  para encher este Entroido de  ritmo e cor.

FELIZ DIA DO AMOR

O 14 de febreiro celebramos o "San Valentín" o día do "Amor e da Amizade"... pero os mil millóns de mulleres que son violadas e maltratadas en todo o mundo non teñen nada que celebrar
 Dose de maxia neste corto

FESTIVAL DE NADAL 2015

O 18 de decembro celebramos o festival de Nadal . Unha morea de actuacións para darlle a benvida ao Nadal e unha actuación moi emotiva para despedir a Fidel,. Aqui tendes a canción que lle dedicamos a este gran mestre e persoa. Grazas Fidel

I CONCURSO CREATIVO DE ADORNOS DE NADAL

Emmarcado no proxecto integrado deste curso "En Chans contamos todos/as" convidamos a todas as familias a participar no I Concurso Creativo de adornos de Nadal. A idea é que traballedes conxuntamente cos vosos fillos/as na elaboración dun adorno para a árbore de Nadal da escola que teña que ver co mundo das matemáticas. A entrega de premios levarase a cabo o 18 de decembro durante o festival.
Aqui tendes unha pequena mostra das vosas creacións. Grazas pola vosa colaboración porque "O Nadal tamen conta"

CANCIÓN DE NADAL DE AFRICA PARA OS NENOS/AS NORUEGOS

Rompendo estereotipos:Noruega precisa axuda dos africanos para facer que os nenos e nenas noruegos non pasen tanto frio.

O PODER DUN SORRISO

Queridas familias, Comezamos a conta atrás da Festa do Nadal. Como todos os anos queremos facervos partícipes desta celebración na que non deben faltar ingredientes tan necesarios como a solidariedade e os sorrisos  sinceros. E non esquezades que o mellor agasallo que podedes dar aos vosos fillos/as é estar presentes a consciencia tal e como dí este interesante artículo. Estar presente

.

A OUTRA CARTA AOS REIS

A CAPSULA DO TEMPO

Por mor da Celebración do Dias dos Dereitos dos nenos/as, os nenos/as de 4º e 5º de primaria participamos na proposta de Unicef "A cápsula do tempo" Despois de reflexionar sobre as cousas  que nos gustan deste  mundo e as cousas que se poderian mellorar, escribimos os nosos desexos e os nosos compromisos persoais e os  introducimos  na "Cápsula do tempo" que se abrirá no ano 2030. Ogallá para aquela todos/as os nenos/as do mundo tengan os mesmos dereitos. Temos dereitos, asumimos responsabilidades.