A CAPSULA DO TEMPO
Etiquetas:
dereitos dos nenos
Por mor da Celebración do Dias dos Dereitos dos nenos/as, os nenos/as de 4º e 5º de primaria participamos na proposta de Unicef "A cápsula do tempo" Despois de reflexionar sobre as cousas que nos gustan deste mundo e as cousas que se poderian mellorar, escribimos os nosos desexos e os nosos compromisos persoais e os introducimos na "Cápsula do tempo" que se abrirá no ano 2030. Ogallá para aquela todos/as os nenos/as do mundo tengan os mesmos dereitos. Temos dereitos, asumimos responsabilidades.
VOLTA AO COLE
Etiquetas:
consellos para educar
Setembro é sinónimo de volta á escola! Preparar aos nenos/as para os primeiros días de clase é importante e a actitude coa que se afronten é fundamental. Prezadas familias aqui gtendes alguns consellos e recursos para que a volta ao cole sexa máis doada
Volta ao cole
Volta ao cole
DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
Etiquetas:
Dia do medio ambiente
O dia 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente para promover a concienciación da necesidade de protexer o noso contorno natural e garantir que todas as persoas e nacións poidan gozar dun futuro máis próspero e feliz
Dia do Medio Ambiente
Dia do Medio Ambiente
ACTIVIDADES DE RALAXACION
Etiquetas:
Intelixencia emocional
Unha compilación de actividades de relaxación para traballar as rabietas, superar medos... Actividades de relaxación
CORO DAS EMOCIÓNS
Etiquetas:
Intelixencia emocional
Deixámosvos unha pequena mostra das actuacións dos "coros das emocións" de 2º e 4º de primaria. Esta actividade desenvolveuse no marco da proxecto "Educación responsable" que estamos aplicando nas aulas neste curso
FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2015
Etiquetas:
Letras galegas
Deixámosvos unha pequena mostra das actuación do festival das letras galegas 2015. Noraboa a todos e todas os que nos axudaron a "ter o mundo nas mans".
25 LIBROS SOBRE EMOCIÓNS
Etiquetas:
dia do libro
Para comezar a semana na que celebramos "O día de libro" cheos de boa enerxía, deixovos esta ligazón a vintecinco libros sobre emocións e sentimentos para nenos/as. Libros emocionantes
Orientacións para fomentar a lectura en familia.
Lemos xuntos!
Lemos xuntos!
DIA DA POESIA: VERSOS E DANZAS VIAXEIROS
Etiquetas:
Chans co mundo nas mans
A poesía serve para recitar, cantar, bailar, sentir , gozar..... Os nenos e nenas de Chans celebramos este día escribindo versos dos lugares que estamos a percorrer co proxecto "Chans co mundo nas mans"e bailando danzas típicas destes países. Nesta xornada compartimos os nosos versos e danzas viaxeiras con todos e todas.
UN MUNDO DE CORES. DIA DA PAZ 2015
Etiquetas:
Dia da paz
“UN MUNDO DE CORES ” quere transmitir a idea de que, como o arco da vella, cada persoa é única. Aínda que a cor da pel, a forma dos ollos, os costumes que temos, as cousas que comemos…. fannos especiais, todos e todas as persoas temos sentimentos, pensamentos, esperanzas e soños. Fagamos a cotío pequenas accións que debuxen un mundo cheo de cor!
Nós, os nenos e nenas de Chans queremos axudar a pintar un mundo de cores enviando a todos os nenos doutros lugares as nosas mensaxes de amabilidade, de paciencia, de cordialidade, de esforzo no traballo, de diálogo, de cooperación….. Xuntos e xuntas debuxaremos un fermoso arco da vella con todos estes desexos.










