ACTIVIDADES DE RALAXACION
Etiquetas:
Intelixencia emocional
Unha compilación de actividades de relaxación para traballar as rabietas, superar medos... Actividades de relaxación
CORO DAS EMOCIÓNS
Etiquetas:
Intelixencia emocional
Deixámosvos unha pequena mostra das actuacións dos "coros das emocións" de 2º e 4º de primaria. Esta actividade desenvolveuse no marco da proxecto "Educación responsable" que estamos aplicando nas aulas neste curso
FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2015
Etiquetas:
Letras galegas
Deixámosvos unha pequena mostra das actuación do festival das letras galegas 2015. Noraboa a todos e todas os que nos axudaron a "ter o mundo nas mans".
25 LIBROS SOBRE EMOCIÓNS
Etiquetas:
dia do libro
Para comezar a semana na que celebramos "O día de libro" cheos de boa enerxía, deixovos esta ligazón a vintecinco libros sobre emocións e sentimentos para nenos/as. Libros emocionantes
Orientacións para fomentar a lectura en familia.
Lemos xuntos!
Lemos xuntos!
DIA DA POESIA: VERSOS E DANZAS VIAXEIROS
Etiquetas:
Chans co mundo nas mans
A poesía serve para recitar, cantar, bailar, sentir , gozar..... Os nenos e nenas de Chans celebramos este día escribindo versos dos lugares que estamos a percorrer co proxecto "Chans co mundo nas mans"e bailando danzas típicas destes países. Nesta xornada compartimos os nosos versos e danzas viaxeiras con todos e todas.
UN MUNDO DE CORES. DIA DA PAZ 2015
Etiquetas:
Dia da paz
“UN MUNDO DE CORES ” quere transmitir a idea de que, como o arco da vella, cada persoa é única. Aínda que a cor da pel, a forma dos ollos, os costumes que temos, as cousas que comemos…. fannos especiais, todos e todas as persoas temos sentimentos, pensamentos, esperanzas e soños. Fagamos a cotío pequenas accións que debuxen un mundo cheo de cor!
Nós, os nenos e nenas de Chans queremos axudar a pintar un mundo de cores enviando a todos os nenos doutros lugares as nosas mensaxes de amabilidade, de paciencia, de cordialidade, de esforzo no traballo, de diálogo, de cooperación….. Xuntos e xuntas debuxaremos un fermoso arco da vella con todos estes desexos.
O NENO ATENTO
Etiquetas:
LIBROS
Poderedes acceder a un extracto do libro "El niño atento", sobre mindfulness ou atención plena dun modo imaxinativo, divertido e in telixente. El niño atento
FESTIVAL NADAL 2015
Etiquetas:
Nadal
Aqui tendes unha pequena mostra das fermosas actuacións coas que o alumnado do CEIP de Chans Bembrive despediu o ano 2014 e deulle unha agarimosa benvida ao ano 2015
EXPOSICIÓN DE BELÉNS EN CHANS
Etiquetas:
Nadal
Grazas familias pola vosa colaboración na doazón de xoguetes e comida para os máis desfavorecidos . Ese é o verdadeiro espíritu do Nadal!
SAMAIN/HALLOWEEN EN CHANS
Etiquetas:
Samain
Na noite de Samaín (31 de outubro)as bruxas, diaños, e pantasmas deixaron nos corredores da escola estas cabazas para espantar aos "zombies" que pretendían achegarse a Chans
19 DE OUTUBRO: DIA DO CANCRO DE MAMA
Etiquetas:
día do cancro de mama
O dia 19 de outubro celébrase o Día Mundial do Cancro de mama. Son moitas as campañas coas que se quere sensibilizar á poboación da importabncia da detección prezoz . Máis do 95% dos casos cúranse se son diagnosticados a tempo.Aquí tendes o baile do autoexame que salva vidas! A bailar!!
5 DE OUTUBRO: DÍA DO DOCENTE
Etiquetas:
dia do docente
O lema deste ano "Unámonos por unha educación pública de calidade para un mundo mellor" non podería ser máis acertado. Feliz día








