FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2015

Deixámosvos unha pequena mostra das actuación do festival das letras galegas 2015. Noraboa a todos e todas os que nos axudaron a "ter o mundo nas mans".

25 LIBROS SOBRE EMOCIÓNS

Para comezar a semana na que celebramos "O día de libro" cheos de boa enerxía,  deixovos esta ligazón a vintecinco libros sobre emocións e sentimentos  para nenos/as. Libros emocionantes
Orientacións para fomentar a lectura en familia.
Lemos xuntos!

DIA DA POESIA: VERSOS E DANZAS VIAXEIROS

A poesía serve para recitar,  cantar, bailar,  sentir , gozar..... Os nenos e nenas de Chans celebramos este día escribindo versos  dos lugares que estamos a percorrer co proxecto "Chans co mundo nas mans"e bailando danzas típicas destes países. Nesta xornada compartimos os nosos versos e danzas viaxeiras con todos e todas.

UN MUNDO DE CORES. DIA DA PAZ 2015

“UN MUNDO DE CORES ” quere transmitir a idea de que, como o arco da vella, cada persoa é única. Aínda que a cor da pel, a forma dos ollos, os costumes que temos, as cousas que comemos…. fannos especiais, todos e todas as persoas temos sentimentos, pensamentos, esperanzas e soños. Fagamos a cotío pequenas accións que debuxen un mundo cheo de cor! Nós, os nenos e nenas de Chans queremos axudar a pintar un mundo de cores enviando a todos os nenos doutros lugares as nosas mensaxes de amabilidade, de paciencia, de cordialidade, de esforzo no traballo, de diálogo, de cooperación….. Xuntos e xuntas debuxaremos un fermoso arco da vella con todos estes desexos.

O NENO ATENTO

http://www.edesclee.com/products.php/ISBN9788433026743
Poderedes acceder a un extracto do libro "El  niño atento", sobre mindfulness ou  atención plena dun modo imaxinativo, divertido e in telixente. El niño atento

FESTIVAL NADAL 2015

Aqui tendes unha pequena mostra das fermosas actuacións coas que o alumnado do CEIP de Chans Bembrive despediu o ano 2014 e deulle unha agarimosa benvida ao ano 2015

EXPOSICIÓN DE BELÉNS EN CHANS

Grazas familias pola vosa colaboración na doazón de xoguetes e comida para os máis desfavorecidos . Ese é o verdadeiro espíritu do Nadal!

SAMAIN/HALLOWEEN EN CHANS

Na noite de Samaín (31 de outubro)as bruxas, diaños, e pantasmas deixaron nos corredores da escola estas cabazas para espantar aos "zombies" que pretendían achegarse a Chans

PAPIS NOVATOS

Un blogue que vos axudará a "sair a flote" da gran aventura que é ser pai ou nai:
Papis novatos

19 DE OUTUBRO: DIA DO CANCRO DE MAMA

O dia 19 de outubro celébrase o Día Mundial do Cancro  de mama. Son moitas as campañas coas que se quere sensibilizar á poboación da importabncia da detección prezoz . Máis do 95% dos casos cúranse se  son diagnosticados a tempo.Aquí  tendes o baile do autoexame  que salva vidas! A bailar!!

BENVIDOS AO OUTONO!

5 DE OUTUBRO: DÍA DO DOCENTE

O lema deste ano "Unámonos por unha educación pública de calidade para un mundo mellor" non podería ser máis acertado. Feliz día

ATRAPADOS NA REDE!

EDUCACION RESPONSABLE

O noso centro foi seleccionado pola Conselleria de Educación para aplicar un Proxecto experimental sobre "Educación Responsable. Este proxecto financiado  pola Fundación Botín e Barrié aposta por unha educación que promova o crecemento saudable de nenos e mozos, potenciando o seu talento e creatividade para axudarlles a ser autónomos, competentes, solidarios e felices. Unha educación, en definitiva, que xere desenvolvemento e contribúa ao progreso da sociedade.

le"

TI SEMPRE SERÁS A MIÑA NENA!

Adicado a todos o alumnado e sobre todo ás familias de Chans. Bo comezo dun novo curso!