O noso centro foi seleccionado pola Conselleria de Educación para aplicar un Proxecto experimental sobre "Educación Responsable. Este proxecto financiado pola Fundación Botín e Barrié aposta por unha educación que promova o crecemento saudable de nenos e mozos, potenciando o seu talento e creatividade para axudarlles a ser autónomos, competentes, solidarios e felices. Unha educación, en definitiva, que xere desenvolvemento e contribúa ao progreso da sociedade.
Aquí tendes un ha pequena mostra da resolución da III edición do Concurso de Fotografía creativa. Parabéns aos gañadores e as súas familias que nos fixeron sentir moitas emocións con estas Emo-fotos
O 16 de maio tivo lugar na escola o festival das Letras Galegas. Grazas a todos aqueles/as que contribuíron a que esta festa estivese chea de Emocións.
A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2014 ao
escritor lugués Xosé María Díaz Castro, autor dunha importante obra
poética en lingua galega. Xosé María Díaz Castro
Ao abeiro do Proxecto integrado deste curso "Emotichans", O Entroido 2014 encheu a nosa escola de moitas e variadas emocións: tristura, alegría, medo. sorpresa...Benvidos e benvidas o Entrodio das Emocións de Chans