DIA DA TERRA: 22 ABRIL

O día 22 de abril o Planeta Terra celebra o seu día mundial para lembrar a todos/as  o compromiso que temos de  coidar as especies animais e vexetais para a nosa superviviencia. Fai a túa parte!


Esta carta do ano 2070 é unha escalofriante testemuña sobre como podera ser o noso planeta se non tomamos coinciencia dos problemas medioambientais que estan xurdindo por non practicar as tres Rs: Reducir, reciclar e reutilizar
Cartaescritaenelaño2070

Ollos de auga

A coordinadora dos ENL estána publicar  a revista "Ollos de auga" para as familias. Ollos de auga

ORIENTACION ÁS FAMILIAS

Un blogue moi interesante con ecompilación de materiais moi útiles na formación no eido da "convivencia"e saúde.
Orientación ás familias

AUTOESTIMA

A autoestima é o sentimento valorativo do noso ser, do noso xeito de ser, de quen somos, do conxunto de rasgos corporais, mentais e espirituais que conforman a nosa personalidade. A autoestima pode aprenderse, pode cambiarse e podemos mellorala.

UN MAR DE MULLERES COIDA DE NOS!

Unha pequena homenaxe a  todas esas mulleres que tanto nos coidan e nos miman! Grazas !

 

AS NOVAS DE CHANS!

Presentámosvos o novo blogue da escola "As novas de Chans! Infórmate! Se queredes estar ao tanto das actividades culturais e lúdico-festivas, iste é o voso espazo. As novas de  Chans!

XEITOS DE AMAR AO TEU FILLO/A

ESCOLA DE PAIS E NAIS

Nesta páxin atoparedes información interesante que vos axudará na difícil tarefa de educar aos vosos fillos/as. Escola ser pais

PINGAS DE ENTROIDO

Como xa comezamos co proxecto "Pingas en Chans", no entroido a temática iba sobre a auga. Mirade o guapos e guapas que estabamos e o ben que o pasamos!!



PINGA SOBRE PINGA

PINGAS DE PAZ 2013

O 30 de xaneiro e coincidindo co asesinato de Ghandi (fai 65 anos) celebramos o “Día Escolar da Paz e a non violencia”. A celebración conxunta que facemos este día é un acto simbólico xa que a paz ten que construirse a cotío. É tarefa de todos e todas todos os días do ano. “Pingas de Paz” transmitir a idea de que moitas accións pequenas e individuas , en moitos lugares, feitas por moita xente poden transformar o mundo. A idea é reflexionar da importancia que ten o por a nosa “pinga” de amabilidade, de paciencia, de cordialidade, de esforzo no traballo, de diálogo…..para mellorar as nosas relacións e a nosa vida:



VOLVÁMONOS TOLOS!

PAIS E NAIS EN APUROS

Este blogue da psicologa Mónica Manrique ofrece unha gran variedade de recursos e estratexiuas que vos axudarán cando esteades en "apuros". Padres en apuros

EN PÉ DE IGUALDADE

Manual editado pola Concellería  da Igualdade do Concello de Vigo para lembras "datas e datos en pé de igualdade...e non esquecer o resto do ano. Datas e datos

ANUNCIO DA PAZ