MODIFICACIÓN DE CONDUTAS

Recompilación de materiais para modificación e modelación de condutas
Modificación de condutas

MES DAS BIBLIOTECAS: OUTUBRO 2012

MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: OUTUBRO 2012 on PhotoPeach

OUTUBRO: MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Desde hai algúns anos, a IASL vén instando á celebración do "mes da biblioteca escolar" (anteriormente, Día da biblioteca escolar no cuarto luns de outubro) co fin de difundir as posibilidades deste tipo de bibliotecas e a súa potencialidade como factor de calidade do ensino nos centros.  .  O lema deste ano é "A BIBLIOTECA ESCOALR, ACELERADOR DE INNOVACIÓN"

NAVEGA CON RUMBO

A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. Pais, nais e profesores son esenciais para axudarche a emprender unha navegación responsable e útil, por iso tamén temos suxestións e consellos dirixidos aos maiores cos que te relacionas.
NAVEGA CON RUMBO

DESENVOLVEMENTO EMOCIONAL

A experiencia da aprendizaxe emocional vivida no seo familiar ten unha importancia transcendental no que será o futuro desenvolvemento afectivo-emocional dos nenos/as. Nestes cuadernos atoparedes  pautas de interese para axudar aos vosos fillos/as a medrar.. Actividades para pais e nais
Cuadernos para casa

SOBREPROTECCIÓN E EDUCACIÓN

PECHADO POR VACACIÓNS

Prezadas familias.Dende este blogue queremos agradecervos o voso apoio e colaboración e desexarvos unhas boas e ben merecidas vacacións. Vémonos en setembro con novos proxectos e ilusións. Bo verán!

QUINCE DÍAS DE AGOSTO

Un vídeo que invita á reflexión.

MOSTRA DE INSTRUMENTOS E TRAXES TRADICIONAIS GALEGOS

Enmarcada no proxecto integrado que estamos a desenvolver na escola "Achégate a Bembrive" invitámosvos  a visitar esta  interesante mostra de instrumentos e traxes tradicionais galegos organizado polas aulas de 2º en colaboración coa aula de música.
Máis información sobre este tema premendo aquí 

 

Aprendizaxe emocional

Pais, nais que queredes aos vosos fillos...non deixedes de ter en conta a mensaxe deste artículo. Pais/nais que queredes aos vosos fillos

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2012

Deixámosvos unha pequena mostra do Festival das Letras galegas. Menudo "pedazo de artistas" temos!!

LETRAS GALEGAS 2012: VALENTÍN PAZ ANDRADE

O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega". Tras 50 anos, súmase á lista Valentín Paz Andrade

DIA DO LIBRO 2012: CÓNTAME UN CONTO

A flor máis grande do mundo

Relato para  nenos/as e adultos escrito e narrado por José Saramago. Un curto colmado de símbolos e enigmas, destinado a una infancia que medra nun mundo dominado  polo individcualismo, a desesperanza e a falla de ideais.