Esta é a postal gañadora (CEIP a Castellana,Aranga-A coruña-) do concurso de presentacións electrónicas de Nadal convovado por Política Lingüística Con ela queremos desexar a toda a Comunidade do CEIP de Chans Bembrive que sexades moi felices . Bo Nadal
O 25 de Novembro reivindicamos que se poñan en marcha todas as ferramentas necesarias nos ámbitos da educación, a cultura, o ensino, a sanidade, a xustiza, as institucións políticas, as relixiosas, os medios de comunicación, a sociedade, etc...así como a optimización e a utilización de todas as ferramentas xa existentes, que faciliten que toda a sociedade sexa quen de arrincar as raíces que sustentan a violencia machista e parar xa e dunha vez por todas as agresións de todo tipo que sofren as mulleres e as nenas. Non podemos seguir asistindo aos asasinatos de mulleres como algo que pertence á rutina informativa ou ao espectáculo mediático.
Nesta ligazón poderedes atopar documentos relativos á difícil tarefa de modificación de condutas para por en práctica na casa e na escola. Modificación condutas
O xoves 10 de novembro celebramos na escola a tradicional festa do Magosto: castañas e chourizos asados para todos e todas. O NOSO MAGOSTO on PhotoPeach
Manifesto para unha nova educación: Unha nova forma de ver ao neno/a e unha mellor educación basada nunha imaxe integral e individual do proceso evolutivo do ser humano.
Prezadas familias: deixamosvos este video que crearon uns mestres/as de Tenerife para que seades testigos da paixón coa que nos entregamos á gran tarefa de colaborar con vos na formación dos vosos fillos/as.
Prezadas familias, benvidas ao novo curso escolar. Aqui tendes alguns consellos para facilitar a adaptación as rutinas dos vosos nenos/as tras o descanso veraniego Volta a rutina tras as vacacións
O pasado 15 de xuño, celebrouse en Bibliochans un libroforum sobre o libro de Sechu Sende "Made in Galiza". Foi un encontro moi positivo e ameno que nos levou a un pequeno grupo de representantes de pais/nais e profesorado a reflexionar sobre o conflito lingüístico existente en Galiza.