PASTILLAS CONTRA EL DOLOR AJENO

Tú las tomas y ellos/as se curan

MODIFICACIÓN DE CONDUTAS

Nesta ligazón poderedes atopar documentos relativos á difícil tarefa de modificación de condutas para por en práctica na casa e na escola.
Modificación condutas

TOMA CASTAÑA!

O xoves 10 de novembro celebramos na escola a tradicional festa do Magosto: castañas e chourizos asados para todos e todas.
O NOSO MAGOSTO on PhotoPeach

É OUTONO EN CHANS

FESTAS DO OUTONO on PhotoPeach

MANIFESTO POR UNHA NOVA EDUCACION

Manifesto para unha nova educación: Unha nova forma de ver ao neno/a e unha mellor educación basada nunha imaxe integral e individual do proceso evolutivo do ser humano.

IN MEMORIAM: STEVE JOBS

O fundador dunha das "mazás" que cambiou o mundo
Steve jobs en viñetas

RAZONS PARA CRER NUNHA ESCOLA MELLOR

Prezadas familias: deixamosvos este video que crearon uns mestres/as de Tenerife para que seades testigos da paixón coa que nos entregamos á gran tarefa de colaborar con vos na formación dos vosos fillos/as.

VOLTA AO COLE


Prezadas familias, benvidas ao novo curso escolar. Aqui tendes alguns consellos para facilitar a adaptación as rutinas dos vosos nenos/as tras o descanso veraniego
Volta a rutina tras as vacacións

O MELLOR AGASALLO PARA ESTE VERÁN

Apoia aos teus fillos/as na lectura

LIBROFORUM: MADE IN GALIZA

O pasado 15 de xuño, celebrouse en Bibliochans un libroforum sobre o libro de Sechu Sende "Made in Galiza". Foi un encontro moi positivo e ameno que nos levou a un pequeno grupo de representantes de pais/nais e profesorado a reflexionar sobre o conflito lingüístico existente en Galiza.

Made in Galiza

MALTRATO SUTIL

Reivindicamos o dereito de ser auténticas

CARREIRA SOLIDARIA

O sábado 4 de xuño celebramos a VII carreira Quilómetros de Solidariedade para contribuir a campaña organizada por Save the children. Os cartos que se recaden estarán destinados a paliar a situación en Haití.
Percorremos unha parte do sendeiro do río Eifonso. A cita foi as 10:30 no colexio de Chans.
Movédeos por unha boa causa!

INAUGURACIÓN DE BIBLIOCHANS

Tachaaaannnnnn! Xa temos unha nova Bibliochans!O Trasno convidou ao alumnado de Chans a asistir a inauguración da súa nova Biblioteca os días 18, 19 e 20 de maio..
Despois duns meses de moitas negociacións, reformas e moito, moito traballo aqui tedes as primeiras imaxes oficiais da NOSA NOVA BIBLIO. Grazas a todos/as os que colaborastedes a poñela tan "guapa"

BREVE ENCONTRO CON LOIS PEREIRO

Coincidindo coa celebración do 17 de maio, dende o blog de Xerais adiantamos hoxe 24 páxinas de Lois Pereiro. Breve encontro. Un achegamento comiqueiro á obra e vida do poeta, novela gráfica da que é autor Jacobo Fernández Serrano. Tras un demorado traballo de documentación, Jacobo ofrece un volume de 160 páxinas nas que percorre a biografía e a obra literaria de Lois Pereiro. Creo que vai ser outras das obras de referencia deste magnífico e renovador ano Pereiro. Agardo que sexa do voso agrado. A edición é froito dunha coedición de Xerais e da Consellaría de Cultura e o libro chegará ás librarías a comezos do vindeiro mes de xuño.
O adianto da novela gráfica Lois Pereiro. Breve encontro pode baixarse en pdf aquí.

E ti, por qué falas galego?

Vídeo gañador do concurso Correlingua 2011, do IES A Fonsagrada, Lugo". E ti, por qué falas galego?