HAITI:UN ANO DESPOIS

Un ano despois da traxedia de Haití os datos son desoladores. Fontes de Oxfam afirman que tan só un 5% dos cascallos foron retirados ante a indecisión paralizante dun goberno desacreditado e o atraso imperdoable das axudas prometidas. Big Picture ofrece esta demoledora reportaxe gráfica que en ocasións proporciona fotos tomadas inmediatamente despois do terremoto e fotos recentes do mesmo emprazamento, como as que vos ofrecemos nesta entrada.

Tamén podedes escoitar o vídeo realizado grazas á iniciativa de varios músicos e compositores con motivo desta triste efemérides.

FESTIVAL DE NADAL EN CHANS 2010

Os Reis trouxéronnos un novo blogue para a Aula de música. Preme e lembrarás algunhas das actuacións do Nadal. O son de Chans
Grazas por facer do Nadal un tempo máxico.

O EXEMPLO E A MELLOR FORMA DE EDUCAR

Se ti o fas, eles e elas tamén o farán: "Make your influence positive"

EDUCACION EN VALORES E IGUALDADE

Comezamos un novo ano ... É un bo momento para facer renovados propósitos que nos axuden a medrar persoalmente e deixar nos nosos fillos/as sementes que lles axuden a construir un mundo mellor, máis xusto, con máis valores....
As personaxes desta web -posta en marcha pola Xunta de Andalucía- son os encargados de introducir dun xeito lúdico conceptos tan importantes como a tolerancia e a diversidade .
Un bo material para sensibilizar aos máis pequenos/as cara a celebración do Día Internacional da Paz e Non violencia (30 Xaneiro)

BO NADAL

Os nosos mellores desexos de paz, solidariedade e armonia para o vindeiro 2011.

Feliz 2011

BOCABERTA

Xa está en marcha o programa Bocaberta 2010-2011, unha iniciativa coa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca promover a lingua galega entre os rapaces e rapazas de 3 a 18 anos. As actividades que conforman Bocaberta están elaboradas desde os intereses dos nenos e dos mozos co obxectivo fundamental de propiciar a súa participación activa a través da palabra.
Bocaberta

TEATRo INFANTIL DE NADAL

Programa Teatro de Nadal

Sé feliz

O día 20 de Novembro celebramos o "Día dos dereitos dos nenos/as". Temos que asumir a responsabilidade de loitar para que todos os nenos e nenas do mundo teñan a oportunidade de ser felices.



E se queres aportar o teu gran de area, aposta pola solidariedade:

PASTILLAS CONTRA EL DOLOR AJENO

Como sabedes o cineasta Berlanga deixounos esta semana. Aqui tendes unha das suas ultimas aparicións públicas protagonizando un anuncio televisivo para "Médicos sen fronteiras". Grazas maestro pola túa xenerosidade

NAVEGA CON RUMBO

O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo inclúe unha serie de guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás nais e pais, ademais desta web específica e un programa de visitas aos centros escolares onde colexiad@s do CPEIG expoñen aquelas recomendacións e consellos necesarios para navegar con rumbo polo ciberespazo.
Navega con rumbo
Guia familias

CONSELLOS PARA SER MÁIS FELICES

INTELIXENCIA ESPIRITUAL

Francesc Torralba director de la cátedra Ethos, da universidade Ramón Llull expón uns interesantes plantexamentos sobre a "Intelixencia espiritual" que nos conduce, nin máis ni menos, a experimentar e a vivir o que realmente somos, a atopar "a nosa casa.