DIA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA: 20 NOVEMBRO

O día 20 de novembro é o día internacional dos dereitos da infancia.Todos temos dereitos, ou deberíamolos ter. Os adultos podemos loitar por eles mentres que os nenos e nenas precisan de nós para que estos dereitos se respecten. Estes vídeos invitan á reflexión.
TODOS OS DEREITOS PARA TODOS E TODAS

VI CONCURSO DE FOTOGRAFIA CREATIVA

Noraboa a todoas a s familias que enviastedes as vosas fotos tomadas "Con ollos de artista" . Parabéns a Angel e Tomás por saber captar a maxia de eses instantes.

DIA DAS LETRAS GALEGAS:CARLOS CASARES

O día das letras galegas está dedicado no 2017 a Carlos Casares.Narrador, ensaísta, articulista de prensa, editor e dinamizador cultural, Carlos Casares Mouriño (Ourense, 1941-Vigo, 2002) é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da literatura galega das últimas décadas do século XX. Prosista en distintos xéneros, o humor e a sinxeleza e a claridade no tratamento dos temas que lle afectan ao mundo actual constitúen os trazos máis característicos do seu estilo narrativo e ensaístico, que lle reportou un gran recoñecemento do público e da crítica.
 Recursos educativos da fundación Carlos Casares









Agradecemos ao alumnado do IES Carlos Casares de Vigo que visitaron a nosa escola con actividades que nos axudaron a descubrir a vida e a obra de este gran persoeiro



Podedes gozar deste poema de Carlos Casares "Amemos" interpretado por Gelria, o trío galego-catalán.

DESFILANDO CON ARTE.ENTROIDO 2017

O venres 24 de febreiro, as comparsas de Chans desfilaron con  moita Arte: "Os amigos do K", "Unha de romanos", "Con ollos surealistas", "Cabaliños na Noite estrelada", "Os nosos pintores", "As estacións " e "Con ollos de muller".

AS CORES DA PAZ

Con motivo da celebración do Día da Paz os nenos/as de Chans descubrimos que a cor da paz é a cor das emocións que nos fan sentir ben: gratitude, xenerosidade, tranquilidade..Co poder da nosa imaxinacións podemos debuxar a escola que desexamos e enchela de cores luminoss que nos inspiren a ser mellores persoas
As cores da paz