O ano 2017 vai ser o ano de cores luminosas do cole Chans que encherán a nosa escola e as nosas vidas de enerxía e positividade.
Almanaque 2017
APOSTA POR UN NADAL AMABLE
Etiquetas:
Nadal
Emmarcada no proxecto deste curso "Con ollos de artista", a actividade "A cor do Nadal é a cor da amabilidade" pretende continuar apostando polas condutas prosociais que axuden a crear un bo clima de convivencia na escola. Comecemos polos mestres/as para poder ofrecerlles aos nosos alumno/as a mellor versión de nos mesmos.Un bo xeito de prepararnos para o Nadal. Sé amable!
QUE XOGUETES REGALARLLES EN NADAL
Etiquetas:
Nadal
Un articulo interesante que vos pode axudar a decidir que xoguetes son os máis axeitados . Xoguetes para este Nadal
MAGOSTO EN CHANS
Etiquetas:
MAGOSTO
O CORO DAS EMOCIÓNS
Etiquetas:
Intelixencia emocional
O pasado venres 27 de maio celebramos na escola o II Concerto do Coro das emocións, recurso contemplado no Programa de Educación Responsable. Este ano contamos coa colaboración de catro músicos excepcionáis que acompañaron as pezas con Piano (Isabel Gil), Guitarra eléctrica (KikeCarrera), Guitarra Española (Lucía Verde) e percusión (Rubén Comesaña).
A continuación podedes ver os vídeos de todas as cancións que se interpretaron. Os tres coros xúntanse para interpretar "Todos somos capitáns" de Magín Blanco
REBUMBIO MATEMÁTICO
Etiquetas:
Rebumbio
Os "Matemáxicos" de Chans clasificaronse na fase de zona do Rebumbio matemático e acudirán o 20 de maio a fase final da Coruña . Parabéns e sorte a Tania, Antón e Aarón ! Contades moito!!
XVI Rebumbio Matemático
XVI Rebumbio Matemático
ARTISTAS EN CHANS
Etiquetas:
En chans contamos todos
Xa podedes ver as primeiras actuacións dos nosos artistas. Grazas a todos por acudir a bibliochans o venres día 15 de abril.
Os primeiros en actuar foron os bailarins de break dance de 3ºA: Amín, Breixo, Dani e Miki. Preme na imaxe para ver o vídeo.
Podedes gozar vendo ao trio pola paz: Eire, Lucía e Paula de 4ºA, que nos ofreceron esta bonita adaptación "Imaxina". Preme na imaxe e sorpréndete do grande talento de Chans.

Aqui tendes a última actuación do día,
Antonio de 4ºA, interpretando o Pasodobre de pastoriza co seu saxo. Preme na imaxe para gozar coa música.
Os primeiros en actuar foron os bailarins de break dance de 3ºA: Amín, Breixo, Dani e Miki. Preme na imaxe para ver o vídeo.
Podedes gozar vendo ao trio pola paz: Eire, Lucía e Paula de 4ºA, que nos ofreceron esta bonita adaptación "Imaxina". Preme na imaxe e sorpréndete do grande talento de Chans.
Aqui tendes a última actuación do día,
Antonio de 4ºA, interpretando o Pasodobre de pastoriza co seu saxo. Preme na imaxe para gozar coa música.
22 MARZO: DÍA MUNDIAL DA AUGA
Etiquetas:
dia da auga
Dia Mundial da Auga
Enrédate
Noticias sobre o Día da Auga
Pingas en Chans
AS MULLERES CONTAN
Etiquetas:
dia da muller traballadora
Este ano e como actividade do proxecto integrado "En Chans contamos todos" lembramos ás Mulleres matemáticas que fixeron historia porque "As mulleres contan".
VIDEOXOGOS EMOCIONAIS
Etiquetas:
educacion en valores,
videoxogos
Pais Formados e a Universidade de Lleida fixeron unha colaboración para promocionar dous vídeo xogos que nos permiten educar as competencias emocionais de 8 a 16 anos. Videoxogo
Recursos educativos
Recursos educativos
CHANS CON ROSALÍA DE CASTRO
Etiquetas:
Día de Rosalia
Coma en anos anteriores, as bibliotecas escolares galegas súmanse á celebración do aniversario de Rosalía de Castro, o día 24 de febreiro, unha das datas sinaladas no "calendario da lectura" de todos os galegos/as- Neste 2016 cúmprense os 153 anos da publicación de Cantares Gallegos, libro fundamental para as xentes, a lingua e a cultura de Galicia. O noso colexio sumouse a esta homenaxe facendo un acto conxunto ás 12:.00 horas.
Recursos educativos
UN ENTROIDO DE CONTO
Etiquetas:
En chans contamos todos,
Entroido
O venres 5 de febreiro, na escola de Chans gozamos dun "Entroido de conto". A ratiña presumida, 101 Dálmatas, Os 3 porquiños, Peter Pan, O Frautista de Hamelín, Alicia no país das maravillas e Alí Babá e os 40 ladróns chegaron a nosa escola para encher este Entroido de ritmo e cor.
FELIZ DIA DO AMOR
Etiquetas:
san valentin
O 14 de febreiro celebramos o "San Valentín" o día do "Amor e da Amizade"... pero os mil millóns de mulleres que son violadas e maltratadas en todo o mundo non teñen nada que celebrar
Dose de maxia neste corto
Dose de maxia neste corto
FESTIVAL DE NADAL 2015
Etiquetas:
Nadal
O 18 de decembro celebramos o festival de Nadal . Unha morea de actuacións para darlle a benvida ao Nadal e unha actuación moi emotiva para despedir a Fidel,. Aqui tendes a canción que lle dedicamos a este gran mestre e persoa. Grazas Fidel









