UN MUNDO DE CORES. DIA DA PAZ 2015

“UN MUNDO DE CORES ” quere transmitir a idea de que, como o arco da vella, cada persoa é única. Aínda que a cor da pel, a forma dos ollos, os costumes que temos, as cousas que comemos…. fannos especiais, todos e todas as persoas temos sentimentos, pensamentos, esperanzas e soños. Fagamos a cotío pequenas accións que debuxen un mundo cheo de cor! Nós, os nenos e nenas de Chans queremos axudar a pintar un mundo de cores enviando a todos os nenos doutros lugares as nosas mensaxes de amabilidade, de paciencia, de cordialidade, de esforzo no traballo, de diálogo, de cooperación….. Xuntos e xuntas debuxaremos un fermoso arco da vella con todos estes desexos.