OUTUBRO: MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Desde hai algúns anos, a IASL vén instando á celebración do "mes da biblioteca escolar" (anteriormente, Día da biblioteca escolar no cuarto luns de outubro) co fin de difundir as posibilidades deste tipo de bibliotecas e a súa potencialidade como factor de calidade do ensino nos centros.  .  O lema deste ano é "A BIBLIOTECA ESCOALR, ACELERADOR DE INNOVACIÓN"

NAVEGA CON RUMBO

A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. Pais, nais e profesores son esenciais para axudarche a emprender unha navegación responsable e útil, por iso tamén temos suxestións e consellos dirixidos aos maiores cos que te relacionas.
NAVEGA CON RUMBO

DESENVOLVEMENTO EMOCIONAL

A experiencia da aprendizaxe emocional vivida no seo familiar ten unha importancia transcendental no que será o futuro desenvolvemento afectivo-emocional dos nenos/as. Nestes cuadernos atoparedes  pautas de interese para axudar aos vosos fillos/as a medrar.. Actividades para pais e nais
Cuadernos para casa