CARREIRA SOLIDARIA

O sábado 4 de xuño celebramos a VII carreira Quilómetros de Solidariedade para contribuir a campaña organizada por Save the children. Os cartos que se recaden estarán destinados a paliar a situación en Haití.
Percorremos unha parte do sendeiro do río Eifonso. A cita foi as 10:30 no colexio de Chans.
Movédeos por unha boa causa!

INAUGURACIÓN DE BIBLIOCHANS

Tachaaaannnnnn! Xa temos unha nova Bibliochans!O Trasno convidou ao alumnado de Chans a asistir a inauguración da súa nova Biblioteca os días 18, 19 e 20 de maio..
Despois duns meses de moitas negociacións, reformas e moito, moito traballo aqui tedes as primeiras imaxes oficiais da NOSA NOVA BIBLIO. Grazas a todos/as os que colaborastedes a poñela tan "guapa"

BREVE ENCONTRO CON LOIS PEREIRO

Coincidindo coa celebración do 17 de maio, dende o blog de Xerais adiantamos hoxe 24 páxinas de Lois Pereiro. Breve encontro. Un achegamento comiqueiro á obra e vida do poeta, novela gráfica da que é autor Jacobo Fernández Serrano. Tras un demorado traballo de documentación, Jacobo ofrece un volume de 160 páxinas nas que percorre a biografía e a obra literaria de Lois Pereiro. Creo que vai ser outras das obras de referencia deste magnífico e renovador ano Pereiro. Agardo que sexa do voso agrado. A edición é froito dunha coedición de Xerais e da Consellaría de Cultura e o libro chegará ás librarías a comezos do vindeiro mes de xuño.
O adianto da novela gráfica Lois Pereiro. Breve encontro pode baixarse en pdf aquí.

E ti, por qué falas galego?

Vídeo gañador do concurso Correlingua 2011, do IES A Fonsagrada, Lugo". E ti, por qué falas galego?

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2011

No marco da celebración das letras galegas, actuamos e cantamos pola nosa lingua. E ti, que fas polo galego?

Fina Casalderrey

A escritora Fina Casalderrey visitou aos nenos de 3º de primaria que están a ler o seu libro "O estanque dos parrulos pobres" (se queres parar a música preme no altavoz)

RISCOS DA INTERNET

Un experto policial visitou ao alumnado de 6º para ofrecerlles información clara dos riscos que poden xurdir da navegación por internet, principalmente no relativo ao uso das redes sociais das que moitos deles son usuarios/as . A lei prohibe facerse un perfil neste tipo de servizos a menores de 14 anos