A PAZ COMEZA EN TI

Queridas familias, queremos facervos partícipes da celebración que tivemos na escola do "Día escolar pola Paz e non violencia" .
Cantamos e soñamos para que chegue axiña o día no que buscaremos solucións pacíficas aos conflitos, que seremos solidarios cos que teñen menos , que axudaremos aos compañeiros e compañeiras a sentirse ben, que respectaremos as formas de ser e de pensar das demáis persoas , que utilizaremos os recursos naturais dun xeito responsable e que coidaremos con agarimo as prantas e animais, porque "A paz comeza en cada un de nós"
A PAZ COMEZA EN TI. on PhotoPeach

A celebración da xornada pola paz rematou cantando a canción "Somos o mundo"

DIA ESCOLAR POLA PAZ E NON VIOLENCIA

Educar os Sentimientos, educar para a Paz, educar para a VIDA. Realmente educamos aos nosos fillos/as, aos nosos alumnos/as, en todo aquelo que podería axudarlles a caminar en tantos e tantos aspectos que o seu desenvolvemento emocional, sentimental, humanitario, intelectual, creativo, emprendedor, solidario, ... conleva? Para a construción dun novo mundo, que será o SEU mundo non podemos seguer considerando que aquelo que máis precisan son CONTIDOS... Hai moito máis, moitísimo!!
LA ESCUELA DE LA ALEGRÍA: UN VIDEO QUE EMOCIONO A TODO UN CONGRESO

La Escuela de la Alegría: el vídeo que emocionó a todo un Congreso from Miquel Beltran on Vimeo.

HAITI:UN ANO DESPOIS

Un ano despois da traxedia de Haití os datos son desoladores. Fontes de Oxfam afirman que tan só un 5% dos cascallos foron retirados ante a indecisión paralizante dun goberno desacreditado e o atraso imperdoable das axudas prometidas. Big Picture ofrece esta demoledora reportaxe gráfica que en ocasións proporciona fotos tomadas inmediatamente despois do terremoto e fotos recentes do mesmo emprazamento, como as que vos ofrecemos nesta entrada.

Tamén podedes escoitar o vídeo realizado grazas á iniciativa de varios músicos e compositores con motivo desta triste efemérides.

FESTIVAL DE NADAL EN CHANS 2010

Os Reis trouxéronnos un novo blogue para a Aula de música. Preme e lembrarás algunhas das actuacións do Nadal. O son de Chans
Grazas por facer do Nadal un tempo máxico.

O EXEMPLO E A MELLOR FORMA DE EDUCAR

Se ti o fas, eles e elas tamén o farán: "Make your influence positive"

EDUCACION EN VALORES E IGUALDADE

Comezamos un novo ano ... É un bo momento para facer renovados propósitos que nos axuden a medrar persoalmente e deixar nos nosos fillos/as sementes que lles axuden a construir un mundo mellor, máis xusto, con máis valores....
As personaxes desta web -posta en marcha pola Xunta de Andalucía- son os encargados de introducir dun xeito lúdico conceptos tan importantes como a tolerancia e a diversidade .
Un bo material para sensibilizar aos máis pequenos/as cara a celebración do Día Internacional da Paz e Non violencia (30 Xaneiro)